A Reclamación |
Quen pode reclamar?Sólo pode reclamar a persoa física ou xurídica que "actúa nun ámbito alleo a unha actividade empresarial ou profesional"
Contra quén se pode reclamar?Necesariamente o reclamado ten que ser un empresario, entendendo por tal "a persoa física ou xurídica que actúa no marco da súa actividade empresarial ou profesional, xa sexa pública ou privada"
Que é unha denuncia?O acto mediante o cal un consumidor ou usuario pon en coñecemento da Administración de Consumo un feito, que pode supor unha vulneración das normas de proteción ao consumidor. Tras analizar a situación denunciada, a Administración adoptará as medidas que considere oportunas para garantir a transparencia do mercado. Que é unha reclamación?Cando un consumidor entra en conflito ou desacordo cunha empresa ou un profesional que lle vendeu o producto ou lle prestou un servizo, pode por de manifesto os feitos ante a Administración competente solicitando unha solución ao conflito xenerado, e no seu caso, unha compensación. Que son as follas de reclamacións?Existen diferentes vías que permiten defender os dereitos e restablecer os intereses lesionados dos consumidores, as follas de reclamacións constitúen un instrumento relativamente áxil para facilitarlles a remisión ás administracións das denuncias por presuntas infracións aos dereitos legalmente recoñecidos, e daquelas reclamacións que os consumidores sometan á arbitraxe de consumo. Quen debe ter follas de reclamacións?Todas as persoas físicas ou xurídicas titulares de estabelecementos que comercialicen bens ou presten servizos na Comunidade Autónoma de Galicia, á excepción dos centros ou estabelecementos de titularidade pública. Que ocurre se non nos entregan a folla de reclamacións cando a solicitamos?Nese caso debemos chamar ao 092, onde non exista se chamará á Policía Nacional ou Garda Civil, se lles solicitará que acudan ao estabelecemento e que levanten unha acta indicando a negativa a entregar folla. O axente deberá proporcionarnos o seu número identificativo para acudir á OMIC e presentar a denuncia/reclamación procedente. Cómo é a folla de reclamación?As follas de reclamacións están integradas por un xogo unitario de impresos de papel de calco, composto por un folio orixinal de cor branca, un verde e outro amarelo. Onde se cubre e que datos debe incluir?Debe cubrirse necesariamente no establecemento onde ocurran os feitos obxecto da reclamación. O reclamante deberá facer constar no impreso o seu nome, apelidos, domicilio, número do documento nacional de identidade ou pasaporte, unha descripción breve dos feitos que motivan a reclamación indicando en que data ocorreron. Se indicarán as pretensións da reclamación e se desexa que sexa resolta a través do Sistema Arbitral de Consumo. Onde se entrega cada copia?O impreso orixinal da folla de reclamación de cor branca será dirixido polo reclamante ao Servizo Provincial de Consumo da provincia onde radique o establecemento ou centro, podendo presentarse en calquer centro ou oficina da Administración da Xunta de Galicia ou en calquera dos previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, quedando a copia de cor verde no seu poder, e a de cor amarela en poder do reclamado. Que prazos de tramitación hai?Ante un problema derivado dunha relación de consumo é importante informarse dos prazos para poder reclamar xa que estes varían en función da relación de consumo respecto á que se presente o conflito. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |