Plan Xitano: Inserción Socio-Laboral |
PROXECTO DE INSERCIÓN SOCIO-LABORALOBXECTIVOS:Adquirir unha formación laboral que lles permita a súa inserción laboral.Integrar á poboación no mundo laboral, co fín de erradicar actividades marxinais. Conseguir a plena integración deste colectivo na vida social a través dun trabajo digno. Adaptar os programas formativos ás características socioculturais das persoas xitanas. ACTIVIDADES:
Curso de PerruqueríaEste ano intentamos centrar as actividades formativas dirixidas ás mulleres cara outros campos laborais, como é neste caso o da perruquería. Na nosa zona existen moitos locais adicados a este servizo, polo que sería unha actividade interesante á hora de procurar emprego. Ademáis, con este curso queremos inculcar hábitos de hixiene ás mulleres para que podan levalos a cabo nos seus propios fogares; limpeza do cabelo, coidados básicos, cómo tratar certas enfermidades (piollos, eccemas,etc)Obtención do permiso de conducir.Nestos momentos a posesión do carné de conducir faise indispensable para a procura de cualquera emprego, tanto para homes como para mulleres. Moitas son as persoas da nosa comunidade que carecen del e que teñen dificuldades para obtelo debido á falta de recursos económicos.Por iso, con esta actividade queremos darlle igualdade de oportunidades a esta población, xa que debido á falta de recursos económicos non o poden conseguir, sobre todo, as mulleres, que ata este momento se encontran relegadas a un segundo plano para poder traballar fóra da casa e son escasas as que posúen o cané de conducir. A estas mulleres as actividades que lles encomenda a súa familia son o coidado da mesma e estar no posto nas feiras, sen capacidade de decisión sobre a actividade laboral fóra da casa. Con esta actividade pretendemos que esta cuestión mude. BENEFICIARIOS:Poderán beneficiarse deste proxecto a población xitana comprendida entre os 16 e os 65 anos de idade, que se encontren en situación de desemprego (menos para o carné de conducir que será de 18 a 65 anos de idade)TEMPORALIDADE:Prevése como duración para cada un dos cursos catro meses. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |