ov-sas-maiores-xuntos-no-nadal |
Programa “Xuntos polo Nadal”.Programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos: 1. Estancia na residencia durante 11 días (10 noites). 2. Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa. 3. Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa. 4. Actividades de animación sociocultural. 5. A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro despois do xantar. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |