Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Xunta de Galicia e Fomento subvencionan a rehabilitación de 20 vivendas no casco antigo de Verín
A Xunta de Galicia e Fomento subvencionan a rehabilitación de 20 vivendas no casco antigo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Novembro 2011 14:52

O Ministerio de Fomento e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas -a través do IGVS- impulsan á rehabilitación de 20 vivendas da zona antiga e barrio de San Lázaro en Verín, a través dun convenio no que participa tamén o Concello de Verín.

Estes acordos, que forman parte do programa 2011 do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación, están destinados a facilitar o acceso a unha vivenda ou rehabilitación da que posúen as familias de Verín e son xestionados dende a Oficina de Rehabilitación do casco antigo do municipio. Grazas a outros convenios similares, asinados en anos anteriores polo Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e o propio Concello efectuáronse numerosas rehabilitacións e restauracións de vivendas e edificios. A declaración de área de rehabilitación desta zona de Verín no ano 2006 posibilita que os propietarios de vivendas situadas na devandita zona póidanse acoller ás axudas previstas para ARI do Plan de Vivenda -un programa dirixido a mellorar o tecido residencial, a partir da recuperación da zona antiga coa rehabilitación dos seus edificios e vivendas, así como a superación de situacións de infravivenda ou de intervención de urbanización nos seus espazos públicos-.

As axudas de áreas de rehabilitación para propietarios/ás de vivendas consisten en subvencións a fondo perdido de ata o 75% de presuposto protexido, cun límite de 10.000 € por vivenda, en caso de áreas de rehabilitación integral como é o caso de Verín. Ademais, pódese acceder a un préstamo, sen subsidiación, a un prazo máximo de 15 anos, con tres de carencia. As devanditas axudas pódenas solicitar os propietarios/ás de vivendas con máis de 10 anos de antigüidade, que despois da rehabilitación as destinen a residencia habitual e permanente durante un período mínimo de cinco anos -tamén se poden destinar a aluguer durante ese mesmo período-.

Nos casos de áreas de conxuntos como en Verín, as axudas son compatibles con axudas de rehabilitación en conxuntos históricos que financia en exclusiva a Xunta de Galicia. Estas axudas de rehabilitación en conxuntos históricos alcanzan o 50% do presuposto, cun límite de 6.600 ou 8.600 euros, segundo o tipo de obras realizadas -sumadas as axudas da área de rehabilitación e de conxuntos históricos poden alcanzar o 75% do presuposto como máximo-.


Por outro lado, o Concello de Verín pode acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización no ámbito da área de rehabilitación. Nesta área, emprazada en conxuntos históricos, esta subvención pode alcanzar o 40% do presuposto das obras, sempre que o importe da subvención para urbanización non supere o 40% do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.

A Oficina de Rehabilitación do casco antigo de Verín, situada na antiga praza de abastos, entrou en funcionamento en outubro do 2006, e a súa tarefa consiste en ofrecer tanto asesoramento técnico como a xestión de axudas para actuar na área de rehabilitación do casco antigo e o barrio de San Lázaro. Con esta iniciativa preténdese dinamizar a zona antiga mediante intervencións que respecten o legado do pasado cuns criterios que procuren satisfacer os parámetros de habitabilidade de hoxe, mediante intervencións sostibles e actuacións de inclusión social que permitan o asentamento da poboación e potencien o acceso ás vivendas doutros sectores.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>