O Concello de Verín celebra o Samaín 2024 con obradoiros temáticos e un espectáculo familiar interactivo
Martes, 29 Outubro 2024 12:46
A área de Cultura do Concello de Verín vén de presentar o seu programa de actividades para celebrar o Samaín 2024, que inclue talleres temáticos e un espectáculo interactivo para toda a familia. Esta proposta, que mestura cultura e creatividade, promete envolver a todos os asistentes na maxia e o misterio desta noite emblemática, combinando tradición e entretemento nunha celebración especialmente dirixida aos máis pequenos.
"Maiores pola Igualdade" no Centro de Día Solleira
Xoves, 24 Outubro 2024 15:23
No marco do programa “Cara a conquista do Benestar” do Voluntariado Sénior de Benestar Social, tivo lugar hoxe unha nova actividade que puxo o foco na igualdade de xénero, baixo o nome de “Maiores pola Igualdade”. O evento, dirixido aos usuarios do Centro de Día Solleira, contou coa participación de oito voluntarios que dinamizaron unha xornada chea de aprendizaxe e reflexión.
Expertos galegos e internacionais analizan a tese pioneira de Eloy Luis André sobre a melodía da fala
Martes, 22 Outubro 2024 15:48
Esta mañá tivo lugar en Verín a presentación oficial do estudo e libro "As curvas melódicas da fala en diferentes linguas vivas", obra asinada por Aurora Prieto, Patrick Feaster, Xosé Ramón García Soto, Miguel Losada e Vicente R. Justo, un equipo internacional multidisciplinar de expertos. O traballo está baseado na análise e estudo da tese de doutoramento de D. Eloy Luis André (1876-1935), pioneiro da investigación lingüística galega e natural de Mourazos, Verín.
Inauguración das novas Urxencias do Hospital de Verín: Un paso fundamental para a mellora sanitaria da comarca
Martes, 22 Outubro 2024 00:00
O Concello de Verín celebra a inauguración oficial das novas instalacións de Urxencias do Hospital de Verín, que terá lugar este xoves. Este proxecto supón un avance significativo para a sanidade pública da comarca, mellorando non só a atención aos pacientes, senón tamén as condicións laborais dos profesionais que traballan no hospital.
Fascismo baixo os focos en Verín: Leo Bassi chega co seu espectáculo, "Yo Mussollini"
Mércores, 16 Outubro 2024 10:49
Leo Bassi, o sumo pontífice dos comediantes, chega ao Auditorio de Verín o próximo 14 de decembro ás 20:00h co seu espectáculo "Yo, Mussolini". Esta obra promete regalarnos unha noite de reflexión e "risistencia" fronte ás intolerancias.