Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Verín presenta a súa programación de Nadal con máis dunha vintena actividades e a implicación de entidades culturais, sociais e comerciais da vila PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Decembro 2025 18:02

O Concello de Verín vén de presentar a programación oficial de Nadal 2025–2026, un calendario composto por máis dunha vintena de propostas que se desenvolverán entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro. A oferta combina accións impulsadas directamente polo Concello coa colaboración activa de numerosas entidades locais que, un ano máis, contribúen a enriquecer a vida social e cultural da vila durante estas datas.

Ler máis...
 
A Banda de Gaitas Nova Era de Verín celebrou o seu décimo aniversario co espectáculo “DEZ” no Auditorio de Ourense este domingo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Decembro 2025 21:55

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu esta noite DEZ, o concerto co que a Banda de Gaitas Nova Era de Verín celebrou a súa primeira década de vida cun aforo case completo e unha resposta do público á altura da ocasión. Máis de 70 músicos ourensáns reuníronse sobre o escenario para repasar a traxectoria dun proxecto que hoxe é xa un referente no panorama cultural galego. A través de diferentes suites musicais, o grupo levou ao público por ritmos tradicionais, pasaxes contemporáneas e pezas creadas especificamente para esta celebración, construíndo unha narrativa musical que percorre os dez anos que fixeron posible Nova Era.



“Foi realmente emocionante xuntar tantas caras coñecidas sobre o escenario. Foi, sen dúbida, o concerto desta década. E agardamos que quede no recordo do público como o fai no noso”, sinalou a dirección artística ao remate. A entidade avanzou tamén que, a finais de ano, o resultado deste espectáculo poderá desfrutarse en formato audiovisual, nun vídeo que recollerá a esencia dun concerto que marcou un antes e un despois na historia da banda.

A cita foi tamén un encontro simbólico co pasado e co futuro do proxecto. Sobre o escenario conviviron músicos que deron os primeiros pasos na formación con novas incorporacións que achegan frescura e novas influencias. “Celebramos unha década xuntos, pero tamén celebramos a idea de que a música galega pode reinventarse sen medo. Queríamos compartir esa enerxía coa nosa xente, coa que estivo desde o principio, e con quen se achegou por primeira vez a nós”, explicaba o director, Álvaro Isaac Rúa. O repertorio, que revisitaba pezas históricas e estreaba arranxos creados para a ocasión, mesturou o formato clásico de banda de gaitas co universo da orquestra e mesmo coa linguaxe do jazz, amosando unha convivencia natural entre tradición e vangarda que foi recibida cunha ovación unánime.

“A idea de DEZ foi difuminar totalmente os límites musicais que se presupoñen nunha formación como a nosa. Queremos sentar as bases dun concerto que sexa referencial e quede para o recordo, e por iso o nivel de detalle e agarimo volcado neste espectáculo chegou a novas cotas. É moi diferente e moito máis refinado que calquera outro produto no que traballamos anteriormente, e para lograr chegar a esa meta rodeámonos de músicos de primeiro nivel de fala galega”, comenta Dani García, director e produtor do espectáculo.

Dez anos despois, Nova Era segue a defender que a música tradicional é tamén unha ferramenta de identidade e cohesión social. O seu traballo, desenvolvido dende Monterrei, converteuse nun exemplo de como a creación cultural pode revitalizar o tecido social e ofrecer novas oportunidades artísticas na comarca.

Dez anos facendo comunidade a través da música

Fundada no Val de Monterrei en 2014, a Banda de Gaitas Nova Era converteuse nun dos proxectos máis singulares do panorama galego. Ao longo desta década levou a súa música a escenarios como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Francia, Portugal ou a República Checa.

A traxectoria de Nova Era caracterízase pola constante exploración de novas linguaxes musicais. O seu primeiro traballo discográfico, “Rumbo NE”, xa marcaba esa dirección: unha viaxe sonora na que conviven muiñeiras galegas, swing americano, salsa cubana, música celta e ritmos balcánicos, combinados coa potencia expresiva da gaita galega e das diferentes seccións instrumentais da banda. A súa estrea, o 28 de decembro no Auditorio de Verín, reuniu a máis de corenta músicos e contou coa colaboración de artistas de referencia como Óscar Ibáñez, nunha gala que consolidou o proxecto como un dos máis orixinais do panorama galego.

Desde aquela, Nova Era seguiu ampliando horizontes con propostas como o EP “Outros Compases: Cara A”, o espectáculo “Voces dunha nova era”, o documental “oriXes. Dez anos de Nova Era” e as Xornadas Culturais Nova Era, que cada verán dinamizan o centro de Verín con foliadas, obradoiros e cantos de taberna.

Con “DEZ”, a banda celebra un camiño no que a experimentación e o compromiso coa cultura local seguen a ser o seu mellor sinal de identidade.

 
Os expositores outorgan un notable alto á organización da Feira de Nadal 2025 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Decembro 2025 13:26

A área de Feiras do Concello de Verín realizou o balance da edición 2025 da Feira de Nadal a partir das enquisas cubertas polos expositores, nas que a organización municipal obtén unha valoración global de 7,84 (Notable alto). Os resultados reflicten un nivel de satisfacción xeral elevado, con aspectos organizativos que continúan mellorando e unha fidelización crecente dos participantes que lle dan un aprobado as vendas.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para Ludonadal - Ludoteca de Nadal 2025-2026 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Decembro 2025 15:38

Verín, 4 de decembro de 2025. O Concello de Verín, a través da área de Servizos Sociais, abre o vindeiro xoves 11 de decembro o prazo de inscrición para unha nova edición de “Ludonadal”, a ludoteca de Nadal destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Este servizo municipal, activo en Verín desde o ano 2008 , consolidouse como unha ferramenta fundamental de apoio ás familias durante as vacacións escolares, favorecendo a conciliación laboral e persoal nun período especialmente complexo para a organización familiar.

Ler máis...
 
O pleno dá luz verde ao orzamento municipal de 2026, que ascende a 16 millóns e prioriza investimento e políticas sociais. PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 30 Novembro 2025 00:56

Pleno Concello Verín, 27 de novembro de 2026. O Pleno da Corporación aprobou esta mañá de forma inicial o Orzamento Xeral de 2026, unha ferramenta económica que medra ata os 16.054.179,57 euros e que, segundo subliña o executivo municipal, «pretende dar resposta ás necesidades reais da veciñanza con rigor financeiro, estabilidade e sentido de utilidade pública».


Ler máis...
 
Verín acolle a VI Gala da Igualdade do CMUS no Auditorio Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2025 20:51

O vindeiro martes 2 de decembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá unha nova edición da Gala da Igualdade, un evento que une cultura, compromiso e talento local para poñer en valor os principios de xustiza, igualdade, inclusión e non discriminación. A gala, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín (CMUS), a súa ANPA e o Concello de Verín, estará dedicada a Santa Icía, patroa da música e das persoas músicas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 838

?>