Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín finaliza a tramitación da súa actuación máis ambiciosa no casco vello desde as reformas propiciadas por García Barbón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2025 12:11

O Pleno do Concello de Verín rematou hoxe coa complexa tramitación administrativa que permitirá abordar humanización da contorna da Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, creando unha gran zona verde ao seu arredor que conectará a Alameda e a Rúa Maior con 4.500 m² de zona verde. En palabras do goberno municipal, “esta actuación ten un sentido histórico, xa que se trata da máis ambiciosa no casco vello desde que, hai máis dun século, o filántropo García Barbón financiou a ampliación da Praza que hoxe leva o seu nome, así como a reforma da propia Igrexa”.

Ler máis...
 
Aever presenta a súa nova xunta directiva e as campañas comerciais de decembro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Novembro 2025 13:41

Esta mañá tivo lugar, na sede da Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever CCU), a presentación oficial da nova Xunta Directiva e da nova xerencia da entidade, nun acto no que participou o Concello de Verín, reafirmando así o seu compromiso coa dinamización comercial e co tecido empresarial local.

Ler máis...
 
Arrinca a nova tempada de cinema municipal no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Novembro 2025 16:21

O Concello de Verín pon en marcha unha nova tempada de cinema municipal no Salón de Actos da Casa da Cultura, ofrecendo de novo á veciñanza unha programación estable de cinema comercial de estrea, cunha selección de títulos para todos os públicos e nun espazo cómodo, accesible e de proximidade.


Dende que esta iniciativa botou a andar no ano 2016, converteuse nun punto de referencia na axenda cultural verinesa, achegando unha alternativa de ocio de calidade e permitindo desfrutar das últimas novidades en carteleira sen saír do municipio. O Salón de Actos da Casa da Cultura conta cunha sala acondicionada, con boa acústica e capacidade suficiente para garantir o confort do público asistente.

As entradas, cun custe de 5 euros, poden mercarse 30 minutos antes do inicio de cada sesión.

A programación pechada para novembro e decembro é a seguinte:

 

21 de novembro de 2025

  • San Simón · 20:30 h

 

22 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • San Simón · 19:30 e 22:00 h

 

23 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • San Simón · 19:30 e 22:00 h

 

28 de novembro de 2025

  • La Cena · 20:30 h

 

29 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • La Cena · 19:30 e 22:00 h

 

30 de novembro de 2025

  • Los Tipos Malos 2 · 17:00 h
  • La Cena · 19:30 e 22:00 h

 

5 de decembro de 2025

  • Me Has Robado el Corazón · 20:30 h

 

6 de decembro de 2025

  • Me Has Robado el Corazón · 17:00, 19:30 e 22:00 h

 

7 de decembro de 2025

  • Me Has Robado el Corazón · 17:00, 19:30 e 22:00 h
 
O Concello de Verín abre un proceso de contratación de persoal laboral temporal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2025 11:57

O Concello de Verín vén de anunciar a apertura dun proceso de contratación laboral temporal co obxectivo de cubrir diferentes prazas vinculadas ao servizo de vías e obras municipais.

Ler máis...
 
Fontes Sonoras: A Eurocidade Chaves Verín presenta un novo festival transfronteirizo, en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Outubro 2025 00:00

A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, presentou esta mañá, en Verín, na Casa da Cultura, o Festival Fontes Sonoras. Este festival de carácter transfronteirizo e de acceso gratuíto, que se celebrará os días 14, 15 e 16 de novembro, reunirá narradores, poetas e músicos en diferentes espazos de Verín e Chaves para que o público poida gozar de historias, poemas e sons musicais.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 1006
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>