Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Resolución de concesión das axudas para novos emprendedores PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Maio 2015 11:30

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 27 de abril de 2015, do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Toda a información nos seguintes enlaces: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150507/AnuncioO92-280415-0003_gl.html // http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas

 
O Concello de Verín e a Xunta asinan o convenio para a redacción do Plan especial de protección e reforma do núcleo histórico e do barrio de San Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Maio 2015 13:47

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo Histórico e do Barrio de San Lázaro (PEPRICH).

Ler máis...
 
O Concello de Verín solicita a adhesión ao Pacto de Estado pola Infancia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Maio 2015 13:46

Tras ser galardoado no VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal (na categoría de 'Dereito a un entorno familiar adecuado') de UNICEF, grazas o programa 'Kero-Kolo' da Escola de Familia, o Concello de Verín acaba de solicitar a adhesión ao Pacto de Estado pola Infancia.

Ler máis...
 
Dominio do EDC Verín de Atletismo na Carreira Popular de Ribadavia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Maio 2015 13:44

O Concello de Ribadavia e o Club Deportivo Aurum organizaron unha nova edición da Carreira Popular de Ribadavia-Feira do Viño, na que deportistas do EDC Verín Atletismo acadaron os primeiros postos das diferentes categorías nas que participaron, como no caso de Gisela Dapía, María Vega, Andrés García, Nadia Gago e Noel Vázquez que conseguiron a vitoria nas súas respectivas probas.

Ler máis...
 
Cine para menores de 2 a 6 anos na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Maio 2015 13:51

A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella, longametraxe de animación (74 minutos) para un público de idades comprendidas entre 2 e 6 anos, pecha, o domingo día 10 de maio, as cinco da tarde, na Casa da Cultura, o ciclo de primavera de proxeccións de Cinemas de Galicia en Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 521 522 523 524 525 526 527 528 529 530 Seguinte > Final >>

Páxina 524 de 999
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>