Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego impulsan o acceso á auga potable en Honduras |
|
|
|
Luns, 23 Marzo 2015 10:38 |
Mellorar o acceso á auga e ao saneamento en sete municipios é o obxectivo último do proxecto que a ONGD Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego de Cooperación apoian en Honduras. Para acadalo, estanse a desenvolver no Golfo de Fonseca formacións e estudos co fin de promover unha xestión integrada do recurso hídrico. Coincidindo co Día Mundial da Auga, que se celebrou onte, ESF dará a coñecer a iniciativa nas actividades que organiza ao longo desta semana en Galicia.
|
Ler máis...
|
VIII Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín' |
|
|
|
Sábado, 21 Marzo 2015 18:31 |
O Pavillón de Deportes de Verín acolleu a oitava edición do Concurso de Gastronomía 'Cigarrón de Verín', englobado dentro da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico 'Vila de Verín', e no que participaron vinte e dous concursantes afeccionados, profesionais da restauración e alumnos/as pertencentes a diferentes escolas de hostalería de Verín, Ourense e Chaves (Portugal).
|
Ler máis...
|
O embaixador de España en Portugal eloxia os avances de cooperación transfronteiriza realizados pola AECT Eurocidade Chaves-Verín |
|
|
|
Venres, 20 Marzo 2015 19:09 |
O embaixador de España en Portugal, D. Eduardo Junco, desprazouse na xornada de hoxe ata o territorio Chaves-Verín para coñecer in situ as actuacións realizadas no ámbito da cooperación transfronteiriza pola AECT Chaves-Verín.
|
Ler máis...
|
O Concello de Verín, a Deputación de Ourense e a Orde da Merced asinan un convenio para a rehabilitación do claustro dos Mercedarios de Verín |
|
|
|
Venres, 20 Marzo 2015 18:59 |
Na mañá de hoxe, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e un representante da Orde da Merced, Elisardo Rodríguez Nieves asinaron un convenio para rehabilitar o claustro do Convento dos Padres Mercedarios, unha xoia arquitectónica do século XVIII.
|
Ler máis...
|
Os rexedores de Vilardevós e Verín entregan os diplomas do obradoiro de emprego 'San Antón' |
|
|
|
Xoves, 19 Marzo 2015 16:44 |
Os alcaldes de Vilardevós e Verín, Manuel Cardoso Pérez e Juan Manuel Jiménez Morán, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, entregaron esta mañá os diplomas aos/ás alumnos/as do obradoiro de emprego 'San Antón'. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 531 532 533 534 535 536 537 538 539 540 Seguinte > Final >>
|
Páxina 539 de 999 |