Concesión de subvencións a proxectos de enerxías renovables |
|
|
|
Martes, 25 Xuño 2013 12:36 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución do 17 de xuño de 2013 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, incluídos na convocatoria efectuada mediante Resolución do 9 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 76, do 16 de abril).
|
Ler máis...
|
Os rexedores de Verín e Vilardevós entregan os diplomas do obradoiro de emprego 'Pozo do Demo' |
|
|
|
Venres, 21 Xuño 2013 13:33 |
Os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez Morán e Manuel Cardoso Pérez, e o xefe de Servizo de Promoción de Emprego, Antonio González Amaro, entregaron esta mañá os diplomas aos/ás alumnos/as do obradoiro de emprego 'Pozo do Demo'.
|
Ler máis...
|
Adecuación da Casa da Xuventude como sala de exposicións e oficina de turismo |
|
|
|
Venres, 21 Xuño 2013 13:29 |
O Concello de Verín e Axencia Turismo de Galicia subscribirán un convenio de colaboración, autorizado mediante un proxecto de acordo aprobado no último Consello da Xunta, para a execución das obras de adecuación da Casa da Xuventude para a súa utilización como sala de exposicións e oficina de turismo. |
Ler máis...
|
A Eurocidade Chaves-Verín acolle Maratóns de Fútbol-Sala |
|
|
|
Venres, 21 Xuño 2013 13:21 |
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá, os vindeiros tres fines de semana, tres Maratóns de Fútbol-Sala nos que participarán xogadores portugueses e españois.
|
Ler máis...
|
Axudas para a modernización das explotacións agrarias, incorporación de mozos á actividade agraria e fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos |
|
|
|
Venres, 21 Xuño 2013 13:12 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación orde, da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 701 702 703 704 705 706 707 708 709 710 Seguinte > Final >>
|
Páxina 710 de 998 |