Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Servizos Sociais de Verín busca unha familia acolledora para o programa 'Vacacións en Paz' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Febreiro 2013 10:20

O departamento de Servizos Socias do Concello de Verín, en colaboración coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, participa no programa de acollida vacacional 'Vacacións en Paz', que se desenvolve, como todos os anos, durante os meses de xullo e agosto. No mesmo participan familias verinenses, que ao longo destes meses, acollen a  nenos/as do Sahara Occidental. Para o ano 2013 hai una praza vacante para unha familia do municipio de Verín. Os/As interesados en sumarse a esta iniciativa deben contactar, a maior brevidade posible, co departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín (situado na Casa da Xuventude -Avenida de Portugal, nº 11 bus) ou no teléfono 988-414776 -se seleccionará a primeira familia apta que presente a solicitude-.

Ler máis...
 
Día Internacional da Lingua Materna. 21 de febreiro de 2013 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Febreiro 2013 10:19

O Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola Unesco no ano 1999, convídanos a contemplar a diversidade lingüística humana coma unha vantaxe que contribúe tanto á riqueza cultural coma ao desenvolvemento dos pobos.

Ler máis...
 
A Concellería de Deportes aposta pola consolidación do Club de Natación de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Febreiro 2013 11:57

A Concellería de Deportes segue a traballar na consolidación do Club de Natación de Verín, creado na pasada lexislatura polo actual grupo de goberno, e que está conformado por un total de 16 nenos/as inscritos de modo directo e outros 14 máis integrantes dos diferentes cursos de natación da Piscina Climatizada de Verín, que conta na actualidade cuns 392 menores.

Ler máis...
 
Curso “Mediación e xestión de conflitos” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Febreiro 2013 12:28

O Centro Asociado da Universidad Nacional a Distancia (UNED) en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín promoven a realización do curso “Mediación e xestión de conflitos”, que terá lugar entre os meses de marzo e abril e no que tamén colabora o CDR Portas Abertas e Foro La Región.

Ler máis...
 
Probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Febreiro 2013 11:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 751 752 753 754 755 756 757 758 759 760 Seguinte > Final >>

Páxina 752 de 998
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>