Videoconferencia con Papá Noel e visita á Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 17 Decembro 2012 12:51 |
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o mércores 19 de decembro, ás 11 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as do colectivo xitano de Verín, con idades comprendidas entre 1 e 4 anos. |
Ler máis...
|
Axudas aos proxectos de investimento empresarial |
|
|
|
Luns, 17 Decembro 2012 11:59 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da Resolución do 3 de decembro de 2012 pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 13 de agosto) e modificadas mediante as resolucións do 6 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 15 de xuño) e do 13 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro).
|
Ler máis...
|
‘Contos de chocolate’ na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 17 Decembro 2012 10:07 |
O vindeiro venres 21 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de chocolate', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
Programación Nadal 2012 – Reis 2013 |
|
|
|
Venres, 14 Decembro 2012 12:42 |
O Concello de Verín, a Eurocidade Chaves-Verín, xunto coa colaboración de AEVER (Asociación de Empresarios de Verín) organizan, baixo o lema “Espalle alegría na Eurocidade. Sexa solidario, merque no comercio local” a seguinte programación cultural e festiva no municipio para o Nadal: |
Ler máis...
|
O Concello de Verín e AEVER ratifican, por quinto ano consecutivo, o convenio ‘Ludonadal’ |
|
|
|
Venres, 14 Decembro 2012 12:35 |
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio Portela, asinaron por quinto ano consecutivo o convenio de colaboración ‘Ludonadal’.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 761 762 763 764 765 766 767 768 769 770 Seguinte > Final >>
|
Páxina 764 de 998 |