| 
		
										| 
		| 'Cantacontos' na Biblioteca de Verín coa pedagoga e escritora Susa Herrera |   |   |   |  
	| Luns, 07 Novembro 2011 11:50 |  
|  O próximo venres 11 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de 'Cantacontos' realizados pola pedagoga, docente e escritora Susa Herrera Ruiz, acompañada pola profesora e artista Merchy Rozas. 
 |  
	| Ler máis... |  
		| A psicóloga Ana Isabel Saz Marín participa no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín |   |   |   |  
	| Xoves, 03 Novembro 2011 10:49 |  
| Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a conferencia 'Pais con fillos adolescentes: contigo aprendín', impartida Ana Isabel Saz Marín, psicóloga e condutora do programa S.O.S. Adolescentes de Cuatro, e enmarcada dentro do curso.  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín. |  
	| Ler máis... |  
		| A carreira 'Un euro por quilómetro S.O.S. Corno de África' finaliza en Verín |   |   |   |  
	| Xoves, 27 Outubro 2011 11:11 |  
| O sábado 29 de outubro, a localidade de Verín converterase no punto final da carreira solidaria 'Un euro por quilómetro S.O.S. Corno de África', iniciada o pasado 16 de outubro na localidade de A Guarda co obxecto de recadar fondos para a poboación de Somalia, Etiopía e Kenia.
 |  
	| Ler máis... |  
		| 'A ollada dun monxe budista' e 'A paz cuestión de fondo' no Outono Fotográfico |   |   |   |  
	| Mércores, 26 Outubro 2011 12:26 |  
| O vindeiro sábado día 29 comezan en Verín as actividades do Outono Fotográfico. A Casa do Escudo abre ás 5 da tarde  dúas exposicións A ollada dun monxe budista e  A paz cuestión de fondo, e faino convidando a facer unha meditación sentada ás persoas que visiten as salas a primeira hora. As mostras clausuraranse o día 19 de novembro. As actividades do Outono Fotográfico en Verín continuarán entre os días 22 de novembro e 10 de decembro con dúas novas exposicións Unha mirada matemática e Os obxectivos do milenio.
 |  
	| Ler máis... |  
		| A Eurocidade Chaves-Verín participa na xornada do Proxecto CEDIM |   |   |   |  
	| Mércores, 26 Outubro 2011 12:44 |  
| O Gabinete de Apoio Técnico (GAT) da Eurocidade Chaves-Verín participa hoxe na xornada de presentación do 'Proxecto CEDIM', organizado pola Rede Transfronteiriza de Centros para Mulleres, e que ten lugar en Santiago de Compostela. |  
	| Ler máis... |  |  | 
	|  | 
	| << Inicio < Anterior 841 842 843 844 845 846 847 848 849 850 Seguinte > Final >> 
 
 | 
	| Páxina 841 de 1003 |