Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Pleno Extraordinario Urxente PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xaneiro 2025 20:30

O Salón de Plenos Municipal acolleu esta mañá a celebración dunha sesión extraordinaria urxente do pleno municipal. Esta convocatoria, de grande relevancia para o futuro económico da vila, tivo como principal obxectivo o debate e aprobación do Orzamento Municipal para o exercicio 2025, un instrumento clave para garantir a sustentabilidade financeira e a prestación de servizos á cidadanía.

Ler máis...
 
A fábrica de Fontenova reabrirá as súas portas cunha inversión de sete millóns de euros para construir unha nova planta de 5.100 metros cadrados que se añade a existente de 2.200 m2 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Xaneiro 2025 14:27

A Casa da Cultura de Verín acolleu esta mañá un anuncio histórico para a vila. O alcalde, Gerardo Seoane, e o empresario luso José de Sousa Cintra, propietario de Fontenova, anunciaron a próxima reapertura da icónica planta de embotellamento, para o que a factoría recibirá unha inversión de sete millóns de euros, construirá unha nova planta e renovará toda a súa maquinaria de embotellado. O empresario agradeceu a intensa aposta do goberno local pola recuperación e reordenación da zona, “que nos convenceu de cumprir o soño de voltar a posicionar a Fontenova como unha das grandes augas minerais de Europa”.

Ler máis...
 
O Concello oferta un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Xaneiro 2025 13:23

O  Concello de Verín impartirá un curso oficial,  gratuíto para  desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.O mesmo terá lugar desde o 28 de xaneiro ata o 25 maio, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Ler máis...
 
Presentado o cartel do Entroido de Verín 2025: "O Noso, Sempre" do artista local Álex Araújo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Xaneiro 2025 15:15

Esta mañá presentouse en rolda de prensa o cartel do Entroido de Verín 2025, unha obra que reflicte a autenticidade e as raíces dunha das celebracións máis emblemáticas de Galicia. O acto contou coa participación de Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Turismo e Festexos, e do artista local Álex Araújo, creador do cartel, coñecido artísticamente como "axtriplicado".

Ler máis...
 
O Concello de Verín adianta a Cabalgata de Reis ao sábado, 4 de xaneiro, debido ás inclemencias meteorolóxicas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Xaneiro 2025 13:36

Co obxectivo de garantir a seguridade e o desfrute de toda a veciñanza, o Concello de Verín anuncia que a tradicional Cabalgata de Reis se celebrará este sábado, día 4 de xaneiro, en lugar do domingo inicialmente previsto. Esta decisión foi adoptada debido ás previsións meteorolóxicas adversas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 998
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>