A Eurocidade Chaves-Verín convoca novos cursos de formación de lingua portuguesa |
|
|
|
Luns, 31 Agosto 2009 12:05 |
Debido ao éxito das dúas edicións anteriores e o elevado número de persoas que quedaron en lista de espera, a Eurocidade Chaves-Verín convoca novamente dous cursos de portugués, un básico e outro de perfeccionamento, de 2 meses de duración, a iniciar a finais do mes de setembro. A primeira reunión informativa terá lugar o 21 de setembro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 20.30 horas, onde se marcarán os horarios e días que mellor se adapten ás necesidades dos interesados. |
Ler máis...
|
Charla-coloquio ‘Alimentación saudable’ |
|
|
|
Luns, 31 Agosto 2009 12:04 |
Mañá 1 de setembro, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Alimentación saudable’, impartida por Sira Fernández e Pablo Diéguez, técnica en nutrición e licenciado en Educación Física, respectivamente.
|
Ler máis...
|
Miguel Cid, Juan Reigada, Denis Romasanta e Manuel Paz vencedores do I Torneo Internacional de Xadrez Eurocidade Chaves-Verín e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín |
|
|
|
Mércores, 26 Agosto 2009 13:25 |
A Casa da Cultura de Verín acolleu esta mañá a entrega de premios e diplomas acreditativos do I Torneo Internacional de Xadrez Eurocidade Chaves-Verín e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, presidido pola alcaldesa en funcións, María Corona Meixeira Romasanta, e o concelleiro de Deportes e Mocidade, Víctor Manuel Baladrón Lamas.
|
Ler máis...
|
Exposición de Xosé Rivada e Armando Martínez |
|
|
|
Luns, 24 Agosto 2009 11:07 |
Desde o día 25 de agosto ata o 12 de setembro, a Casa do Escudo de Verín acollerá a mostra de esculturas e pinturas de Xosé Rivada e Armando Martínez.
|
Ler máis...
|
A Banda de Gaitas do Concello de Verín actuará en festivais culturais en Belgrado |
|
|
|
Venres, 21 Agosto 2009 12:25 |
A Banda de Gaitas do Concello de Verín participará a próxima semana en diversos festivais culturais e lúdicos en Belgrado, invitada pola Sociedade Serbia de Etnomusicoloxía dependente da Universidade de Belgrado, unha entidade coa que mantén unha vinculación musical tras a participar no Festival de Strakonice na República Checa.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 931 932 933 934 935 936 937 938 939 940 Seguinte > Final >>
|
Páxina 935 de 985 |