Verín, entre as 10 mellores Bibliotecas de España |
|
|
|
Martes, 17 Novembro 2020 14:19 |
A Biblioteca Municipal de Verín foi seleccionada entre os 10 mellores proxectos de animación á lectura de toda España dentro da XX Campaña 'María Moliner' para municipios de menos de 50.000 habitantes – que convocan o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)- pola súa iniciativa “Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura”. |
Ler máis...
|
Verín mide o poder dos experimentos na creación de conciencia fronte á COVID-19 |
|
|
|
Sábado, 14 Novembro 2020 12:38 |
Porque máis é menos e saúde e enfermidade teñen unha relación inversa, apostar pola información e a concienciación en medidas hixiénicas debe servir para reducir o impacto da COVID-19. Esas son algunhas das premisas nas que se fundamenta a acción que o luns comezará no Colexio Apostólico Mercedario e na que participarán 17 aulas de ESO deste centro e dos IES Castro de Baronceli e Xesús Taboada Chivite. Outra das premisas desta acción, que promove o Concello de Verín, é que a participación directa en experiencias impactantes pode ser un excelente medio para transmitir contidos de educación para a saúde e para fixalos de modo permanente nas persoas participantes. |
Ler máis...
|
ACTUALIZACIÓN DE CASOS ACTIVOS DE COVID-19 EN VERÍN |
|
|
|
Venres, 13 Novembro 2020 14:37 |
A día de hoxe, venres 13 de novembro, a cifra de datos activos por COVID-19 no Concello de Verín é de 34.
|
Ler máis...
|
A Fundación Juana de Vega lanza o programa de apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego |
|
|
|
Xoves, 12 Novembro 2020 12:32 |
A Fundación Juana de Vega lanza o programa de apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego. Este ano co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades provocadas pola COVID-19, a Fundación ampliou o programa acollendo, ademáis de emprendedores, autónomos e MIcroPEMES, a PEMES de certo volumen que queiran poner en marcha novos proxectos estratéxicos ou que precisen de reformas internas e faino estruturando o programa en dous modalidades. |
Ler máis...
|
Pleno Ordinario | 11 de novembro |
|
|
|
Mércores, 11 Novembro 2020 14:20 |
O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 23/10/2020
2. Expediente 3636/2020. PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2021
3. RECOÑECEMENTO EXTRAJUDICIAL 2/2.020, DE FACTURAS 2.019, 2.018 E ANTERIORES, E EXPTE. MODIFICACIÓN CRÉDITOS NO ORZAMENTO 2.020, SUPLEMENTOS CREDITO E CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE LÍQUIDO DE TESORERIA DA LIQUIDACIÓN DO ANO 2.019
4. DAR CONTA DA APROBACIÓN POR DECRETO DO CONCELLEIRO DELEGADO DE ECONOMÍA E FACENDA, DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DO ANO 2.019
5. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA
6. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 07/10/2020 ATÉ O 05/11/2020, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS
7. ROGOS E PREGUNTAS
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 Seguinte > Final >>
|
Páxina 165 de 997 |