Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Abre ArtVerín con obras de 24 artistas da comarca
Abre ArtVerín con obras de 24 artistas da comarca PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Abril 2011 10:11

A Casa do Escudo de Verín acolle por terceiro ano consecutivo ArtVerín, exposición de artes plásticas na que participan vinte e catro artistas da nosa comarca. A mostra inaugurase o venres día 8, e clausurarase o día 23 de abril, sábado de Paixón. No acto inaugural, que comezará ás 19 horas, está prevista a participación do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e entre os convidados figuran os membros dos grupos políticos municipais verinenses, e as persoas vinculadas  ás artes plásticas na comarca.

ArtVerín está organizada polo Concello de Verín, e conta coa colaboración de diversas empresas da comarca, como Supermercados DyD, Adega Crego e Monaguillo, A Cociña da Pepa, Pastelería Primavera e Panadería González. O obxectivo desta mostra é divulgar as creacións dos artistas comarcais no seu ámbito xeográfico. Para iso, considerouse que as datas comprendidas entre o Lázaro e a Semana Santa poderían ser propicias para esta iniciativa, ao facilitar a participación do público comarcal en días de lecer, dos que aproveitan estas datas para regresar temporalmente e das persoas que nos visitan neste período festivo e vacacional.

Pinturas, esculturas, cerámicas, fotografías e instalacións compoñen o catálogo de obras que se exhiben. Os artistas participantes en ArtVerín 2011 son Alvárias, Andrea, Aurora López, Beni Lorenzo, Beny, Carlos Folgoso, Flor Fernández,  Isabel Delgado, Julio Pousada, Karma Gösbur,  Leonardo, Luis Pachón, Manuela Sánchez, Marilar Salgado, Marisa Pardo, Maritina, M. Fornos, Minda, Pedro Araújo, Plácido L. Rodríguez, Rosa,  Toño Santamarina, Víctor Rodríguez e Xosé Rivada. Cada autor presenta unha ou dúas obras, representativas da súa creación actual,  seleccionadas polo propio artista.

A diversidade de estilos, técnicas, materiais e soportes que caracterizan á arte actual reflíctese nesta mostra. Aínda que en ArtVerín predominen a figuración, a paisaxe e unha concepción máis tradicional do quefacer artístico. Óleos, acrílicos e acuarelas, sobre lenzo, papel ou aglomerado, forman parte da variedade de materiais e soportes utilizados polos pintores. En escultura, podemos encontrar desde terracotas a traballos realizados con madeira, metal, pedra, materiais industriais e mesmo con refugallos. Os fotógrafos preséntannos obras a cor. Instalacións e cerámicas, serven para facernos reflectir sobre a amplitude do feito artístico. A arte acolle na actualidade desde traballos que a tradición consideraba exclusivamente utilitarios, caso da cerámica, a creacións efémeras que, baixo a denominación xenérica de instalacións, sitúannos nas marxes do propio feito artístico.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>