Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Eurocidade Chaves-Verín: Un proxecto e territorio innovador PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Abril 2011 16:28

O Gabinete de Apoio Técnico (GAT) da Eurocidade  Chaves - Verín realizou unha presentación a alumnos da área de xestión e economía. A conferencia tivo lugar na Universidade Nacional a Distancia, en Lugo (España), co título a “Eurocidade Chaves-Verín: un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades”.

Perante o actual escenario económico, caracterizado pola crise e globalización, ten especial relevancia o marketing territorial, unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe de marca de lugares, cidades, municipios e rexións, en función dos seus recursos e das súas necesidades vitais. A adecuada utilización desta ferramenta, permite incentivar a oferta e consumo de produtos estratéxicos, que poden ser esenciais para as economías locais, a través da súa promoción competitiva e atractiva. A valorización e explotación das necesidades do mercado, da competencia para establecer unha imaxe diferenciadora, axustando a oferta ás necesidades e gustos dos potenciais investidores, turistas, cidadáns, países veciños, administracións, son igualmente vectores a que o marketing territorial dedica especial atención.

Neste contexto, as localidades fronteirizas de Verín e Chaves apostan por unha estratexia conxunta, a Eurocidade, que lles permite promoverse como territorio atractivo, fomentando e para potenciais interesados. Este proxecto a longo prazo busca aproveitar as numerosas sinerxías xa existentes a ambos lados da fronteira, entre outras, que poden e deben ser potenciadas. Así, e a pesar da crise económica, neste novo escenario innovador e transfronteirizo poden xurdir numerosas oportunidades de negocio susceptibles de ser aproveitadas.

 
?>