Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Ponencia 'Eurocidade Chaves-Verín como un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Abril 2011 13:19

 Na xornada de mañá 15 de abril, de 9 a 10.30 horas, o Centro Cooperativo de Pazos (Verín) acollerá a presentación 'Eurocidade Chaves-Verín como un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades'.

A actividade, organizada por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias)  a través da Consellería de Traballo, está conformada por unha presentación sobre o emprendemento “A Eurocidade Chaves-Verín como un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades”, e está destinada a alumnos/as de 3º e 4º de Secundaria do Colexio Padres Mercedarios de Verín.

Esta iniciativa, nacida para dinamizar o emprendemento cooperativo nos centros educativos, ten como obxectivos específicos que os/as alumnos/as  valoren que nun futuro existe a opción de emprender ou pertencer a unha estructura de tipo empresarial nun entorno atractivo como é o da Eurocidade, comprobando “in situ” como é o traballo diario nunha empresa de organización cooperativa.

Devandita actividade finalizará cunha presentación da cooperativa Biocoop Verín con visita incluídam de 11 a 12 horas,  a unha explotación da mesma en Riós.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>