Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Tres mozos verinenses reciben a súas vivendas de promoción pública no Barrio de San Lázaro
Tres mozos verinenses reciben a súas vivendas de promoción pública no Barrio de San Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Abril 2011 13:04

Na xornada de hoxe, tres mozos da localidade de Verín recibiron as súas tres respectivas vivendas de promoción pública cualificada situadas na rúa Costa 10-12 (Barrio de San Lázaro) de Verín, adxudicadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A rehabilitación das mesmas, realizada pola Consellería de Vivenda e Solo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo, ascendeu a 304.500 euros. As características das tres vivendas rehabilitadas, en réxime de aluguer, son: baixo (de 52,71 m2 útiles e 1 dormitorio e unha renda mensual orientativa de 122 euros), primeira planta e baixo cuberta (de 98,63 m2 útiles, de 3 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 223 euros) e primeira planta e baixo cuberta (de 71,17 m2 útiles, de 2 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 163 euros).

Os tres mozos verinenses aos que lles foron outorgadas estas vivendas, tras efectuarse un sorteo público o pasado martes 26 de abril, son: David Rodríguez Rodríguez, Sergio Rodríguez Filgueiras e Casiano Alonso Rivero.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>