Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
A Eurocidade Chaves-Verín presente no I Encontro Español de Asinantes da Carta Europea de Seguridade Viaria PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Maio 2011 12:18

O pasado 28 de abril, a Eurocidade Chaves-Verín participou no I Encontro Español de Asinantes da Carta Europea de Seguridade Viaria, unha plataforma participativa europea integrada por empresas, asociacións, centros de investigación e autoridade públicas que se comprometeron a desenvolver accións concretas e compartir a súas boas prácticas para desenvolver os problemas de seguridade viaria no seus contornos cotidianos.


Nesta iniciativa, que tivo lugar en Ribadesella (Asturias), asistiron os secretarios técnicos Agostinho Pizarro e Pablo Rivera, que amosaron o traballo realizado desde a Eurocidade Chaves-Verín destinado a concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada.

Entre as accións concretas que se desenvolven, no ámbito da educación e seguridade viaria, dentro do Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín están: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e reposición de sinais de tráfico e repetir, e sobre todo, repetir en anos posteriores, a ‘Semana da Seguridade e Educación Viaria’ na Eurocidade Chaves-Verín.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 

?>