Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
Alumnos lusos e galegos participan na segunda edición do intercambio cultural ‘Maios na Fronteira’ PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Maio 2011 15:14

Un total de 108 alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, EB1 de Vila Verde da Raia e JI de Vila Verde da Raia participaron, esta mañá, na segunda edición do intercambio cultural ‘Maios na Fronteira’.

Esta actividade, realizada na localidade de Feces de Abaixo (Verín), foi organizada pola Eurocidade Chaves-Verín co obxectivo de que os/as nenos/as lusos/as coñecesen a historia da festa dos Maios.

Ao longo da mesma, os/as nenos/as elaboraron as tradicionais esculturas de musgo, xestas, e flores, cadros para recordar esta iniciativa e coroas de xestas. Con posterioridade recorreron a localidade de Feces de Abaixo cantando coplas realizadas polos/as alumnos/as, e efectuaron un almorzo conxunto e xogos populares.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 

?>