Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
Conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un laboratorio de construción europea' na UCM PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Maio 2011 12:22

O vindeiro venres 6 de maio, a facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid acollerá,  partir das 10.30 horas, a conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un laboratorio de construción europea', destinada aos/ás alumnos/As do grado de Relacións Internacionais, estudantes da licenciatura de Ciencias Políticas e alumnos/as do doutorado en Cooperación Internacional.


Esta conferencia, que será impartida polo secretario técnico Pablo Rivera, xurdiu tras a presentación do póster científico da Eurocidade Chaves-Verín no congreso 'Fronteiras Ibéricas' realizado nesta facultade, que reuniu a expertos internacionais, integrado por antropólogos, xeógrafos e politólogos en torno ao proxecto “O discurso xeopolítico sobre as fronteiras na construción das identidades nacionais: o caso da fronteira hispano-portuguesa nos séculos XIX e XX”, financiado pola convocatoria I + D do Ministerio de Educación

A conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un laboratorio de construción europea' realizase como parte dos contidos prácticos das materias da área de Xeografía Política, no marco dun Proxecto de Innovación e Mellora de Calidade Docente, coordinado por Heriberto Cairo, decano da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, e María Lois, profesora do departamento de Ciencia Política.  O obxectivo é dar visibilidade ao proxecto de cooperación transfronteiriza Chaves-Verín, como un territorio innovador a nivel ibérico, no que en menos de tres anos de funcionamento xa se afianzou como un laboratorio de eurocidadanía.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 

?>