Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal de Verín |
Luns, 09 Maio 2011 13:44 |
O luns 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano ao poeta Lois Pereiro.
Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación de actividades para o fomento da lectura, está destinada a 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e na mesma realizaranse contacontos e manualidades por parte do persoal da instalación e nenos/as voluntarios/as da biblioteca. |