Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza
Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Maio 2011 14:45

Mañá 11 de maio, os/as nenos/as do CEIP O Castiñeiro de Laza asistirán a sesións de manualidades e contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Un total de 24 alumnos/as de primaria deste centro escolar da vila acudirán a estas instalacións municipais para coñecer o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita constitúe a quinta destas características, organizada pola Biblioteca de Verín, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.

Por outra banda, as instalacións da biblioteca de Verín tamén acollerán mañá, a partir das 20 horas, a presentación do libro Absurdos Sentimentos, de Hilda Fernández Rodríguez, enmarcada dentro do programa de actividades de fomento da lectura.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>