Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos
Subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Maio 2011 12:49

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria da concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos.


O obxecto é a convocatoria de axudas para a adquisición de vehículos eléctricos novos, entendendo como tales aqueles cuxa enerxía de propulsión procede, total ou parcialmente, da electricidade das súas baterías, cargadas a través da rede eléctrica.

Os beneficiarios poden ser:
- As persoas físicas. No caso dos profesionais autónomos, haberán de estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas.
- As entidades privadas con personalidade xurídica propia e co seu correspondente Código de Identificación Fiscal.
- As Administracións públicas, as sociedades ou entidades que teñan consideración de carácter público estatal, autonómico ou local.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de novembro de 2011 ou ata o esgotamento dos fondos.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>