Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial nas pequenas e medianas empresas
Subvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial nas pequenas e medianas empresas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Maio 2011 11:41

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE)  nas pequenas e medianas empresas.


O obxecto é a convocatoria de axudas para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas (pemes), a través das seguintes liñas:

- Liña I: axudas para a implantación de modelos, sistemas ou ferramentas de xestión que introduzan conceptos de RSE nas empresas galegas.
- Liña II: axudas para que a empresa reciba formación específica en materia de sustentabilidade ou responsabilidade social empresarial.
- Liña III: axudas para a obtención de reportes, estándares ou certificacións en responsabilidade social empresarial.

Os beneficiarios son as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo en Galicia, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250.
c) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
d) Non teñen consideración de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 18 de xuño de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>