Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Maio 2011 09:36

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E).


O obxecto é xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural galego. Tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Os beneficiarios son as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non     figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de setembro de 2011 -atender ao prazo establecido en cada unha das correspondentes liñas de axuda-.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>