Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
Alumnos/as de Chaves e Verín conmemoran o Día Mundial da Infancia durante tres días no Estadio Municipal de Chaves PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Maio 2011 11:39

A Eurocidade Chaves-Verín está desenvolvendo diversas iniciativas educativas e lúdicas para conmemorar o Día Mundial da Infancia, conxuntamente cos/as nenos/as dos municipios de Chaves e Verín, como en anos anteriores.

Os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño terán lugar no Estadio Municipal de Chaves, previamente preparado para esta iniciativa, obradoiros de danza e vida saudable, pinturas faciais e globoflexia, xogos lúdicos e deportivos, e un gran parque de inchables no interior deste recinto. Nesta edición participarán máis de 3.500 nenos/as procedentes dos dous lados da fronteira e contará coa presenza de 'Chavín', a mascota da Eurocidade.

Devandita actividade, celebrada xa nos dous anos anteriores, está integrada no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín e busca promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).



 

?>