Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
Vale de Anta vence o 3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xuño 2011 12:07

A parroquia de Vale de Anta (en Chaves) proclamouse vencedora da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín, que se desenvolveu desde o mes de marzo.

O pasado día 29 de maio tivo lugar a final do torneo, rexistrándose o seguinte resultado: Vale de Anta 2 – Soutelinho da Raia 0. Antes deste partido disputouse un encontro amistoso de Fútbol Sala Xuvenil Feminino entre os equipos de Chaves e Verín. Para finalizar, entregáronse os seguintes premios segundo a respectiva clasificación:

1º Clasificado: Vale de Anta

2º Clasificado: Soutelinho da Raia

3º Clasificado: Santa Cruz Trinidade

Ademais, dos trofeos de Mellor Defensa (Vale de Anta), Mellor Ataque (Soutelinho da Raia) e Premio Fair-Play (Vilas Boas e Madalena, por incluír futbolistas femininas nos seus partidos).

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 

?>