Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
3.500 niños de Chaves e Verín conmemoraron o Día Mundial da Infancia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Xuño 2011 11:46

Máis de 3.500 nenos/as, 900 de Verín, conmemoraron en Chaves o Día Mundial da Infancia. O lugar escollido para os tres días de actividades -31 de maio, 1 e 2 de xuño- foi o Estadio Municipal da cidade flaviense, o espazo ideal para a animación.

Pola mañá, en grupos, nenos do Pre-Escolar e do 1º Ciclo percorreron os inchables e participaron en moitas actividades. Desde obradoiros de danza e vida saudable, pinturas faciais e globoflexia, xogos lúdicos e deportivos, entre outros, foron motivos máis que suficientes para tres días inesquecibles.

Tamén tivo lugar animación en palco cunha animadora da Academia de Artes de Chaves que danzou e animou os presentes. Ao mesmo tempo, os equipos de saúde escolar dos dous Centros de Saúde de Chaves realizaron diversos xogos didácticos cos títulos 'Riscos de Verán' e 'Corazón saudable'. Para animar a festa estiveron presentes Chavín -mascota da Eurocidade-, Minnie e Bob Esponja, que proporcionaron moita animación os máis pequenos. Tamén lles obsequiaron cun un xeado e un gorro conmemorativo do evento.

Desde 2008 está actividade está integrada no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, permitindo así o intercambio entre as comunidades educativas dos dous municipios. No próximo ano, os/as nenos/as de Chaves irán a Verín.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).



 

?>