Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Actividades lúdico-deportivas 2011
Actividades lúdico-deportivas 2011 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Xuño 2011 12:09

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín programa para os próximos meses as seguintes actividades:

- Escola de Verán: desenvolvemento de actividades deportivas e lúdicas que promoven a convivencia entre os/as nenos/as das seguintes idades:
Do 1 xullo ao 31 de agosto.
Grupo Xeral (nados entre 1996 e 2006 inclusive): luns, mércores e venres, de 10.30 a 13.30 horas. Neste formato contémplase o desenvolvemento de xogos populares, obradoiros, actividades deportivas e visita ás piscinas descubertas.
Grupo Fútbol-Sala e Fútbol 7 (nados entre 1996 e 2002 inclusive): martes e xoves, de 10 a 14 horas. Neste outro formato, os/as nenos/as participarán en actividades relacionadas só co fútbol-sala e asistencia ás piscinas descubertas.
Prezos: 56,50 € (empadroados) / 70,60 € (non empadroados).

- Ludoteca Deportiva: Esta novidade lúdica ofrece unha oportunidade de practicar deporte de xeito específico co desenvolvemento nas disciplinas de: Fútbol-7, Fútbol-Sala, Tenis, Pádel e Baloncesto (no complexo deportivo A Granxa). Tamén se inclúe asistencia ás piscinas descubertas.
Do 1 xullo ao 31 de agosto. De luns a venres de 10 a 13.30 horas.
Actividade diseñada para nados entre 2001 e 2003 inclusive.
50 prazas dispoñibles (por rigorosa orde de inscrición)
Prezos: 100 € (empadroados) / 125 € (non empadroados).

- 3º Torneo de Tenis: A Concellería de Deportes organiza a terceira edición do seu torneo de tenis estival no complexo deportivo de A Granxa.
Do 5 ao 19 de agosto.
Competición masculina e feminina. Categorías: benxamín (2001-2002), alevín (1999-2000, infantil (1997-1998), cadete (1995-1996) e júnior (1993-1994).
Prezos: 3 € (empadroados) / 5 € (non empadroados).

- Excursión ao Aquapark de Cerceda: organizadas co fin de disfrutar do medio acuático e das atraccións.
Día 4 de agosto. Saída ás 9 horas, desde o Pavillón de Deportes, e regreso ás 23.30 horas.
Para nenos/as entre 7 e 12 anos cumpridos.
46 prazas dispoñibles (mínimo para viaxar de 30 inscritos).
Prezos: 17,50 € (empadroados) / 20 € (non empadroados).

O prazo de inscrición para participar nestas actividades deportivas iníciase o luns 20 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes (de luns a venres: de 10 a 13.30 e de 17 a 20 horas). Os requisitos para efectuar a formalización da matrícula son folla de datos, fotocopia de empadroamento, fotocopia do DNI, fotocopia da tarxeta sanitaria, xustificante de pago e folla de autorización para a Lei de Protección de Datos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>