O servizo de Xuventude é o departamento municipal encargado de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade e organiza actividades destinadas á poboación preadolescente, infantil e adulta. A Oficina Municipal de Información Xuvenil está relacionada directamente coa estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, establecéndose lazos de coordinación entre ambas administracións. Que facemosA súa organización e xestión dependen da Concellería de Xuventude do Concello de VERIN, cuxa estructura xira en torno ós seguintes programas: • Programa de Información xuvenil, que ten como finalidade ofrecer e xestionar información de interese para a mocidade sobre os temas que máis interesan e que maior demanda teñen por parte do colectivo xoven. • Programa de Dinamización Xuvenil, que se estructura por áreas temáticas: emprego, educación, lecer e tempo libre, asociacionismo e participación. Que servizos ofrecemos• Información axudas. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |