Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca Pública Municipal de Verín nomeada 'Biblioteca Asociada' pola UNESCO
A Biblioteca Pública Municipal de Verín nomeada 'Biblioteca Asociada' pola UNESCO PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Xuño 2011 10:21

A Biblioteca Pública Municipal de Verín foi nomeada 'Unesco Network of Associated Libraries', é dicir, membro da Rede de Bibliotecas UNESCO, que certifica que a instalación municipal cumpre todos os principios de fomento da lectura, desenvolvemento da cultura, solidariedade-voluntariado e cooperación con distintas entidades, segundo indican as bases da Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultural, para a adhesión a esta Rede de Bibliotecas.

Para a consecución deste recoñecemento valorouse a iniciativa educativa de Fomento da Lectura e o traballo realizado polo/as nenos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre 11 e 16 anos, que efectúan unha labor eloxiable para a dinamización cultural e da instalación, fomento da lectura e impulso de valores sociais entre os/as rapaces/zas máis pequenos/as.

A tramitación deste recoñecemento realizouse a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e, directamente, coa UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultural) na súa sede de París. Así mesmo, contouse co apoio e colaboración de UNESCOCAT (Centro Unesco de Cataluña) que apoiou a nosa integración nesta rede de bibliotecas, desde o primeiro momento da presentación no proxecto de Fomento da Lectura e Voluntariado Cultural.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>