Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A Eurocidade participa no I Encontro de Escritores e Xornalistas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Xuño 2011 11:47

O pasado sábado 18 de xuño, a localidade lusa de Valpaços acolleu o I Encontro de Escritores e Xornalistas do Alto Tamega, Tras-Os-Montes e Galicia, organizado polo Fórum Galaico-Transmontano e no que participou a Eurocidade Chaves-Verín.

Esta iniciativa tivo por obxecto divulgar e promocionar o patrimonio cultural desta zona transfronteiriza do Alto Tamega, Tras-Os-Montes e Galicia, e na mesma participaron historiadores, escritores, xornalistas e profesores de ambos lados da fronteira. Tras a recepción por parte do vicepresidente da Câmara Municipal de Valpaços, realizáronse dous paneis relatórios nos que participaron os escritores Bento da Cruz e Xerardo Dasairas,o xornalista Barroso da Fonte e o historiador Federico Méndez, entre outros ponentes.

Ao concluír, o coordinador técnico da Eurocidade Chaves-Verín, Pablo M. Rivera, efectuou a presentación do proxecto de cooperación transfronteriza que levan a cabo os municipios de Chaves e Verín, titulada 'A Eurocidade: un instrumento de desenvolvemento social, cultural e económico'; na que resaltou a importância do marco aberto grazas a este proxecto e como converter a fronteira nunha oportunidade que garanta a cohesión de flavienses e verinenses.

Tras un almorzo, os cincuenta participantes neste encontro realizaron un recorrido polas localidades lusas de Forno de Pinhal, Santa Valha, Barreiros e Sonim, para visitar museos, adegas e casas señoriais. A continuación, merenda, entrega de certificados de participación e clausura do  I Encontro de Escritores e Xornalistas do Alto Tamega, Tras-Os-Montes e Galicia

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).



 
?>