Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A Eurocidade presente na Xornada de Encontro sobre Cooperación PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Xuño 2011 12:19

Os vindeiros 27 e 28 de xuño, o castelo de Monterrei acollerá a realización do Encontro 'Os GDRs e a cooperación no marco da Macroeurorrexión Galicia-Norte de Portugal-Castela e León', organizada pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.

O obxectivo deste xornada é o de acadar un maior coñecemento sobre as posibilidades de levar a cabo proxectos de cooperación transnacionais no ámbito da macroeurorrexión. Tentarase lograr un maior coñecemento dos territorios e proxectos xa en marcha, e propostas destes proxectos existentes neste ámbito territorial, así como estreitar lazos con grupos veciñais cos que se poidan levar a cabo novas iniciativas.

Ademais de relatorios sobre o futuro da cooperación tanto transfronteiriza como transnacional no seo da macroeurorrexión, presentarase iniciativas de especial intereses e exportadas a outros territorios como o da Eurocidade Chaves-Verín, destinada amosar a importancia dun proxecto que naceu co obxectivo de  converter a fronteira nunha oportunidade que garanta o desenvolvemento deste territorio.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).




 
?>