Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Presentación do Manual de Boas Prácticas da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Xuño 2011 12:20

O luns 27 de xuño, ás 10 horas (hora portuguesa), a Câmara Municipal de Chaves acollerá a presentación do 'Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio da Eurocidade Chaves-Verín', destinado a potenciar a dinamización do comercio tradicional nesta zona transfronteiriza.

Este manual describe e explica os requisitos necesarios que debe reunir un pequeno establecemento comercial para prestar un servizo de calidade e conseguir a excelencia. O obxectivo é facilitar o cambio e adaptación do comercio ás novas necesidades dos consumidores e permitir mellorar o seu posicionamento e competitividade no mercado.

Este proxecto forma parte da iniciativa Fronteira Comercial Aberta na Eurocidade, na que tamén está incluído o Directorio Comercial en funcionamento desde decembro do ano 2010, e ten como finalidade impulsar e incrementar as opcións de compra dos/as eurocidadáns/nas, así como incentivar o atractivo das zonas comerciais na Eurocidade, creando espazos para ir de compras e lecer.

As actuacións, organizadas polos dous municipios en colaboración con AEVER (Asociación de Empresarios de Verín), ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega), ProCentro (Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves) e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense, están encamiñadas a prestar unha especial atención ao pequeno comercio nos respectivos centros históricos, avanzando progresivamente na creación de centros urbanos abertos en Chaves e Verín.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>