Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
A Eurocidade Chaves - Verín presenta o seu 'Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio' PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Xuño 2011 13:25

A Câmara Municipal de Chaves acolleu na xornada de hoxe a presentación 'Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio da Eurocidade Chaves-Verín', creado co fin de dar resposta á busca e necesidades competitivas dos mercados actuais e transmitir os principios de boas prácticas na xestión comercial do pequenos comerciantes desta zona.


Este manual describe e explica os requisitos necesarios que debe reunir un pequeno establecemento comercial para prestar un servizo de calidade e conseguir a excelencia. O obxectivo é facilitar o cambio e adaptación do comercio ás novas necesidades dos consumidores e permitir mellorar o seu posicionamento e competitividade no mercado. “Esta iniciativa busca dar a coñecer un conxunto de regras común ao comercio neste territorio único para que sexan compartidas polos comerciantes, independentemente onde exerzan a súa práctica”, subliñou o presidente flaviense, João Gonçalves Martins Batista, “e permitirá compartir preocupacións, suxestións e solucións de modo que os cidadáns teñan máis calidade nos seus servizos”.

O contido do 'Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio da Eurocidade  Chaves-Verín' está articulado en torno aos seguintes puntos: competencias en materia de comercio, lexislación, principios básicos do comercio, normas de calidade, boas prácticas, estratexias competitivas para o pequeno comercio, xestión do medio ambiente, prevención de riscos laborais no comercio, sistema integrado de xestión no comercio, boas prácticas de xestión no comercio e trámites para a posta en marcha dun comercio. “Harmoniza as regras no espazo da Eurocidade e propicia a visibilidade cara o exterior de un territorio común con actuacións e unha oferta determinada nese ámbito”, indicou o presidente flaviense.

Este manual será repartido entre os comercios asociados de AEVER (Asociación de Empresarios de Verín) e ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega); así como en ProCentro (Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves) e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense.

Este proxecto forma parte da iniciativa Fronteira Comercial Aberta na Eurocidade, na que tamén está incluído o Directorio Comercial en funcionamento desde decembro do ano 2010, e que conforma unha base de datos con información completa en diferentes idiomas, das empresas de comercio e servizos existentes na zona, o que permitirá o seu acceso polo tipo de servizo na páxina web da Eurocidade. “Estes dous produtos teñen como obxectivo lograr a fidelización de clientes, incentivando o atractivo das zonas comerciais da Eurocidade, así como a creación de espazos para ir de compras e de lecer”, subliñou o rexedor verinense, Juan Manuel Jiménez Morán.

As actuacións, organizadas polos dous municipios en colaboración con AEVER, ACISAT, ProCentro e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense, están encamiñadas a prestar unha especial atención ao pequeno comercio nos respectivos centros históricos, avanzando progresivamente na creación de centros urbanos abertos en Chaves e Verín.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>