Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Maratón de Fútbol – Sala ‘Vila de Verín’
Maratón de Fútbol – Sala ‘Vila de Verín’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Xullo 2011 11:55

Durante o fin de semana do 16 e 17 de xullo, o municipio de Verín acollerá a quinta edición do Maratón de Fútbol – Sala, organizado pola área de Mocidade, Deporte e Festexos do Concello de Verín, coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín.

Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

- 1º clasificado (2.000 €  máis trofeo),
- 2º clasificado (1.000 €  máis trofeo),
- 3º e 4º clasificado (300 €  máis trofeo).
- 1º Eurocidade Chaves-Verín (800 €  máis trofeo),
- 2º Eurocidade Chaves-Verín (400 € máis trofeo).
- Trofeo ao mellor porteiro e xogador.

Por primeira vez otórganse os premios da Eurocidade Chaves-Verín, e para participar nesta categoría os equipos deberán contar como mínimo con cinco xogadores pertencentes ao Concello de Verín ao Municipio de Chaves, acreditando a súa residencia cun certificado de empadroamento, no caso de Verín, ou a tarxeta de residencia, para os habitantes flavienses.

Ata o día 13 de xullo, ás 14 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nesta actividade. Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 150 euros por equipo (no nº de conta 3085 0082 58 2139271213) e indicando o nome do equipo e teléfono de contacto. Para máis información poden contactar cos seguintes teléfonos: 645 696 522 e 687 409 596.

Os partidos de fútbol – sala disputaranse no Pavillón Municipal de Deportes e no complexo deportivo de A Granxa. 


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>