Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A Eurocidade Chaves – Verín presente nos Open Days 2011 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Xullo 2011 13:31

As cidades de Vigo, Braga e Porto acollerán durante os días 6, 7 e 8 de xullo a celebración dos Open Days 2011 – Evento Local da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, destinado a presentar algúns dos principais proxectos e actividades levadas a cabo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, tanto á cidadanía como aos representantes da Unión Europea para, deste xeito, promover a investigación, a innovación, o desenvolvemento, a mobilidade, o turismo, e as iniciativas levadas a cabo nestas áreas para fomentar un crecemento intelixente, sustentable e integrador.

A primeira xornada terá lugar no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo e na mesma, que será inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, exporanse cuestións referentes a 'Política de cohesión despois de 2013', 'A Macrorrexión de Rexións do Sudoeste de Europa', 'O Mar: un proxecto orientado cara os sectores de produción marítimos', 'O sector da automoción: unha alianza estratéxica na Eurorrexión' e 'Presentación da Plataforma das AECTs e do Comité das Rexións'. No día 7 de xullo, o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga acollerá a presentación dos relatorios 'Cara a unha Economía do Coñecemento', 'Cooperación en Nanotecnoloxía', 'Exemplos de Boas Prácticas: Economía, Innovación, Coñecemento e Medio Ambiente' e a mesa redonda 'Investigación, Desenvolvemento e Innovación: unha realidade de futuro?'. Na última xornada, a do 8 de xullo, na Casa da Música de Porto amosaranse aspectos como 'Estratexia de Cohesión', 'Emprego, Formación e Inclusión Social: Futuro do Fondo Social Europeo', 'Asuntos sociais en zonas transfronteirizas' e 'Cooperación para a eliminación das barreiras transfronteirizas'.

Será nesta última xornada cando o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán,presente o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín aos/ás asistentes aos Open Days 2011. Un proxecto de cooperación transfronteiriza, o único deste xénero da raia entre España e Portugal que conta co apoio da Unión Europea, e que desde a súa constitución conforma un verdadeiro exemplo de integración europea de segundo grado, o que permite que se posicione ao nivel de outras conurbacións europeas como a Eurometropole de Francia e Bélxica, a Agrupación Ister-Granum de Eslovaquía e Hungría ou a de Frankfurt-Oder e Slovice en Alemania e Polonia. Durante a presentación o alcalde verinense, que xa participou xunto co presidente do Municipio de Chaves João Gonçalves Martins Batista nos Open Days 2008, exporanse os obxectivos da Eurocidade, axenda estratéxica, accións (Infraestrutura técnica da Eurocidade -Grupo de Traballo, Gabinete de Apoio Técnico e a plataforma de comunicación www.eurocidadechavesverin.eu-, Construción da Eurocidadanía -oferta deportiva, cultural e termal común, axenda cultural, concursos e actividades para a infancia, Fronteira Comercial Aberta e promoción turística conxunta-, Dinamización e Promoción Económica -Fronteira Comercial Aberta e promoción turística conxunta- e Territorio Sostible) e os proxectos futuros.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>