Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
João Batista, novo vicepresidente da RIET en representación da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Xullo 2011 16:28

A Comisión Executiva da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET, que agrupa á totalidade de entidades transfronteirizas da fronteira hispano lusa, elixiu novo presidente ao alcalde Almeida (Portugal), António Batista, en representación da Comunidade Territorial Beira Interior Norte - Provincia de Salamanca,  BIN-SAL.


Así mesmo, a vicepresidencia será exercida polo alcalde de Chaves, João Batista, en representación da Eurocidade Chaves-Verín. Estes acordos foron tomados na reunión da Comisión celebrada en días pasados na cidade de Porto.

A Rede Ibérica de Entidades Trasfronterizas que agrupa as doce entidades repartidas ao longo da fronteira hispano-lusa foi constituída o 23 de xuño de 2009 en Cáceres. Naquela sesión destacouse que a RIET é un paso máis na consecución dunha voz única diante dos gobernos de España e Portugal e da Unión Europea. A constitución da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas tivo o apoio dos gobernos de España e Portugal e marcouse entre os seus obxectivos traballar para recuperar os máis de 600 millóns de euros que a fronteira hispano lusa perdeu en fondos europeos no actual programa que se estende ata 2013, con respecto ao período anterior. O desvío destes fondos á área Mediterránea supuxo que os territorios de fronteira de España con Portugal perderon máis do 60% dos fondos e os de Portugal preto do 80%. As entidades que forman parte da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas son:

1) Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular
2) Triurbir
3) Eurocidade Chaves-Verín
4) Fundación Rei Afonso Henriques
5) Asociación Ibérica de Municipios Ribereños del Duero AIMRD
6) Centro de Estudos Ibéricos
7) AECTVT – Associação Europeia de Cooperação Territorial do Vale do Tâmega
8) Comunidade Territorial Bragança – Zamora
9) Comunidade Territorial Douro Superior – Provincia de Salamanca
10) Comunidade Territorial Beira Interior Norte – Provincia de Salamanca
11) Comunidade Territorial de Cooperação de Vale do Lima
12) Associação Transfronteiriça de Municípios das terras do Grande Lago – Alqueva

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>