Tramitación do Carné ISIC |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() É o carné que te identifica como estudante en calquera parte de mundo con máis de 34000 descontos. É un documento recoñecido pola UNESCO e a Comunidade Europea, utilizado desde que se creou por máis de 35 millóns de estudantes en todo o mundo. Se es estudante, o ISIC axudarache a gozar de especiais beneficios e servizos, en todo o mundo. O Carné Internacional de Estudante ISIC é un servizo da International Student Identity Card Association, unha organización sen ánimo de lucro asociada á International Student Travel Confederation (ISTC). Es estudante, móveste polo mundo e queres facelo sen que o peto se resinta demasiado... o que precisas é o ISIC, o único documento universal de identidade para estudantes viaxeiros que proben a súa condición de estudante a tempo completo. É o carné de descontos máis popular e coñecido en todo o mundo, con máis de 40 millóns de carnés emitidos desde a súa creación. ISIC creouse en Dinamarca no ano 1968 co fin de facilitar a mobilidade académica dos estudantes, xerar intercambios culturais e posibilitar a expansión do coñecemento doutras terras, culturas e sistemas, buscando incrementar as comunicacións entre os estudantes de todo o mundo. O ISIC axudarache a gozar de especiais beneficios e servizos que van desde un servizo de emerxencia, axuda legal e médica as 24 horas do día ata o acceso a organizacións de viaxes para estudantes en máis de 100 países. Ademais tamén contarás con importantes descontos en transportes como o avión, tren, autobús, barco e en aloxamentos, descontos en tendas e restaurantes e prezos reducidos en entradas a museos, galerías e lugares históricos. A imaxe do carné é única. Sendo esta a mesma que se exhibe tanto en España como no resto do mundo. O logo da UNESCO, que aparece na parte frontal do carné, indica o compromiso dirixido a potenciar o entendemento internacional e o coñecemento cultural. REQUISITOS:Idade mínima de 12 anos. Non hai idade máxima. Acreditar que se é estudante a tempo completo matriculado nun curso académico recoñecido oficialmente. Unha fotografía tamaño pasaporte. Ten un prezo de 6 € VALIDEZ:A validez do carné é desde o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (15 meses), ou no seu defecto desde a data en que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.
|
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |