Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Ampliación do prazo da mostra ‘Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’
Ampliación do prazo da mostra ‘Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Agosto 2011 12:00

A Biblioteca Pública Municipal de Verín amplía ata o 22 de agosto o prazo de exposición de 'Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego', un percorrido pola vida e obra de Xosé Neira Vilas, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e a Deputación de Pontevedra.

Esta ampliación dunha semana débese ao significativo número de visitas que acolleu a mesma nestas semanas, tanto de veciños como visitantes, e preferentemente dos menores participantes na Ludoteca Municipal e doutras entidades locais como Cruz Vermella Monterrei.

Con esta exposición réndese homenaxe tanto a un escritor identificado coa terra como o libro Memorias dun neno labrego, o máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas (contabilízanse unha vintena de traducións). 'Querido Balbino' articúlase a partir de dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dunha banda, preséntase a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos transcendentes da súa biografía. E doutra banda, amósanse documentos e material referidos á traxectoria seguida polo propio libro e o seu protagonista. Neste sentido, a exposición lembra as edicións adaptacións teatrais e audiovisuais inspiradas en Memorias dun neno labrego, do que xa se imprimiron máis de 600.000 exemplares, e conta cunha sala onde se proxecta un documental sobre Balbino. Ademais, presenta tamén 10 obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de Memorias dun neno labrego. Os autores que colaboran nesta iniciativa son: Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Esperanza Lema, Federico Fernández, Xoán Domato, Antón Pulido, Herminda Salgueiro, Siro López e Xaquín Marín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>