Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entrega de diplomas e convivencia dos voluntarios da Bibliopiscina
Entrega de diplomas e convivencia dos voluntarios da Bibliopiscina PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Setembro 2011 12:28

Mañá venres 2 de setembro, os doce rapaces/zas voluntarios/as da Bibliopiscina recibiran de parte do alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, un diploma acreditativo da súa labor de voluntariado durante os meses de verán na Bibliopiscina, un servizo organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín

A mesma, estivo en funcionamento ata o 22 de agosto, ten como obxectivo estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. A Bibliopiscina ofertou un fondo de máis de 200 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, cómics e revistas-, e foi atendida por 19 voluntarios/as, doce deles mozos/as con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 10 anos, e que xa foron recoñecidas, durante tres anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner-.

Por outra banda, para finalizar esta actividade e agradecer a colaboración dos/as voluntarios/as, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza unha xornada de convivencia entre titores e voluntarios/as nas propias instalacións. A mesma realizarase na xornada do 2 ao 3 de setembro, e os asistentes participarán en actividades educativas e lúdicas durante a noite.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>