Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para a selección de entidades colaboradoras participantes no Plan Renove de Electrodomésticos
Subvencións para a selección de entidades colaboradoras participantes no Plan Renove de Electrodomésticos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 26 Setembro 2011 12:34

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas ao Plan Renove de Electrodomésticos, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as ditas axudas.


O obxecto é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas de indución e de gas por equipamentos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior segundo o establecido no artigo 3, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia que adquiran un equipamento dos mencionados no artigo 3 e que se instale na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que se publiquen no Diario Oficial de Galicia.


O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 31 de decembro de 2011.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>