Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Inscricións da V Maratón do Miño en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Setembro 2011 09:50

O Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá, ata o 30 de setembro, o proceso de inscricións para participar na V Maratón do Miño, que terá lugar o 2 de outubro en Ourense.

Este proceso de información e inscrición poderase realizar de 10 a 13.30 e de 17 a 23 horas, exceptuando o día venres 30 que finaliza ás 13.30 horas. O coste da inscrición por participante será de 15 euros e deberá realizarse mediante unha transferencia de pago, na que deberá constar como concepto o nome e apelidos do/a inscrito/a (Novacaixagalicia 2080-5263-09-3040043386).

Tamén se pode efectuar o proceso de inscrición na web http://www.maraton.ceo.es e enviar por correo electrónico á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (previo ingreso da conta de inscrición na conta especificada) o xustificante do ingreso.

As modalidades do V Maratón do Miño son: maratón, maratón relevos (3 participantes), andaina e andaina relevos (2 participantes).

 
?>