Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións a deportistas cualificados en modalidades deportivas individuais
Subvencións a deportistas cualificados en modalidades deportivas individuais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 12:34

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a deportistas cualificados en modalidades deportivas individuais correspondentes ó exercicio 2011.


O obxecto é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións con cargo ó orzamento do ano 2011 a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais, coa finalidade de fomenta-la práctica deportiva e incentiva-los deportistas ourensáns cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo.

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas que sexan deportistas federados exclusivamente en modalidades deportivas individuais (e exclúense, polo tanto, os practicantes de deportes de equipo) de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a temporada 2010-2011.
b) Aqueles deportistas que non posúan licenza federativa por ningún club ourensán na temporada 2010-2011 pero, malia o anterior, se manteñan vinculados ó deporte ourensán, sempre que exista unha causa     xustificativa do feito de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán, como a inexistencia de clubs ourensáns desa disciplina ou especialidade deportiva, a inadecuación destes clubs para o seu nivel de rendemento deportivo ou a necesidade de residir fóra de Ourense por motivos familiares, laborais ou académicos, ou calquera outra causa que xustifique a dita circunstancia.

En todo caso, considerarase imprescindible que os deportistas solicitantes de subvención continúen vinculados ó deporte ourensán no momento de solicita-la axuda. A existencia de vinculación co deporte ourensán será apreciada pola Comisión de Valoración mediante circunstancias obxectivas que demostren a dita vinculación.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de outubro de 2011.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>