Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións a titulares relacionados coa produción e comercialización do sector agrario
Subvencións a titulares relacionados coa produción e comercialización do sector agrario PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 12:38

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a entidades, empresas e profesionais, relacionados coa produción e a comercialización no sector agrario, que faciliten datos estatísticos e de prezos agrarios.

O obxecto é a convocatoria para o ano 2011 das subvencións a titulares de explotacións agrarias, que faciliten datos estatísticos e prezos agrarios para a elaboración das operacións estatísticas con fins estatais de realización obrigatoria polo Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, por estar incluídas no Plan Estatístico Nacional.

Poderán ser beneficiarios as entidades ou empresas legalmente constituídas, así como profesionais relacionados coa produción e a comercialización agraria, que cumpran os seguintes requisitos técnicos:
- Ser entidades, empresas ou profesionais con implantación en mercados agrarios de ámbito provincial, rexional ou nacional.

- Dispoñer de capacidade técnica para presentar os datos coas formalidades requiridas pola normativa nacional e da Unión Europea, que sexa de aplicación en cada caso.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 20 de outubro de 2011. Para formalizar a solicitude ver http://www.boe.es/boe/dias/2011/09/30/pdfs/BOE-A-2011-15435.pdf

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>