Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
Natación terapéutica para os colectivos de discapacitados psíquicos en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Outubro 2011 12:15

Durante os meses de outubro a xuño, a Piscina Climatizada de Verín programa a realización de cursos de natación terapéuticas programadas, de modo conxunto, polo Servizo de Deportes do Concello de Verín e as entidades A.F.E.M. Morea e a Fundación para a Protección dos Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín.

No caso da Asociación de Familiares e Enfermos Mentales Morea participan nesta iniciativa sete adultos, dos quince usuarios/as cos que conta a entidade, con idades comprendidas entre os 28 e 62 anos. Tras varios anos sen realizar esta iniciativa, os integrantes desta asociación retornarán ás instalacións municipais todos os xoves, ás 11.30 horas. Mentres que da Fundación para a Protección dos Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín retomase esta iniciativa, desenvolvida nas pasadas tempadas, e na que participan doce adultos, con idades comprendidas entre os 18 e 37 anos, e que terá lugar os martes, ás 11.30 horas.

O programa de natación terapeútica ten como obxecto a mellora da calidade de vida atendendo a aspectos físicos, psicolóxicos e sociais. Entre os beneficios que obteñen os participantes neste programa están: desenvolvemento de potencia muscular e resistencia á fatiga, mellor funcionamento das funcións vitais especialmente a respiratoria, cardiovascular ou renal; desenvolvemento do sentimento de autoestima e axuste emocional, contribución á socialización, mellora do soporte esquelético, eliminación da depresión e ansiedade, e contribución a unha mellor comprensión das persoas non discapacitadas sobre o problema que a discapacidade representa e os potenciais dos afectados para integrarse socialmente.

 

?>