Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade
A Tarxeta do Eurocidadán aproba o seu regulamento PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Outubro 2011 13:22

Chaves e Verín aprobaron o regulamento da Tarxeta do Eurocidadán, unha iniciativa de ambos municipios no ámbito do proxecto de cooperación tranfronteiriza da Eurocidade. En Chaves, o regulamento foi aprobado polo executivo na última reunión da Cámara, o pasado día 17 de outubro, en Verín validouse o día seguinte, no pleno municipal.

A esta tarxeta estarán asociadas algunhas funcionalidades e facilidades, que serán aplicadas gradualmente, co obxecto de fomentar un sentimento de pertenza a unha mesma unidade territorial, implicando así os cidadáns no proxecto e na percepción dos seus beneficios. Trátase dun instrumento que permitirá o uso común de equipamentos públicos aos residentes no territorio da Eurocidade -municipios de Chaves e Verín- gratuitamente ou a prezos bastante reducidos.

Esta iniciativa, que representará o principal instrumento para a creación dunha zona franca social na Eurocidade, contribuirá ao adecuado desenvolvemento do proxecto, dos intereses institucionais comúns e superación das barreiras físicas, administrativas e sociais derivados da pertenza a realidade político-administrativa distintas. Ademais evitará a duplicidade de equipamentos e consecuente duplicación de custos, e proporcionará os mesmos beneficios aos residentes nos municipios de Chaves e Verín, nas mesmas condicións que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo desta forma o intercambio entre as poboacións destes dous municipios e o aumento da oferta e a diversidade de servizos.

 

?>